Mancomún

GPUL School – Contornas virtuais en Python: Mantén os teus paquetes organizados

Luns, 17 Febreiro 2020

O martes 18 de febreiro de 18:30 a 20:00, terá lugar no Lab 0.5w da Facultade de Informática de A Coruña, unha charla sobre “Contornas virtuais en Python: Mantén os teus paquetes organizados” dentro das actividades de GPUL School.

Contornas virtuais en Python: Mantén os teus paquetes organizados

Nesta charla aprenderemos a crear contornas virtuais de Python para manter os paquetes organizados, e evitar incompatibilidades, ademais de encher o noso sistema de paquetes que tal vez soamente necesitemos para un proxecto.

Mediante un sistema sinxelo integrado en Python, crearemos as nosas contornas virtuais, coas dependencias necesarias e as súas versións compatibles, e faremos máis sinxelo o desenvolvemento e proba das nosas aplicacións, tanto nas nosas máquinas como nas dos nosos compañeiros.

GPUL

GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Linux) é unha asociación universitaria que busca difundir o Software Libre e a Cultura libre en Xeral.

GPUL School é unha iniciativa que pretende achegar a membros da comunidade universitaria, ou a calquera interesado da sociedade, ás tecnoloxías libres sen necesidade de coñecementos previos.

Inscrición á charla

A charla é de libre acceso e gratuíta pero é necesaria a inscrición previa a través desta web.

Máis información no meetup do evento

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal