Mancomún

Grandes melloras no editor de vídeo OpenShot

Venres, 2 Outubro 2009
OpenShotOpenShot, o editor de vídeo non lineal para GNU/Linux do que xa falamos nesta páxina, está a experimentar ultimamente grandes melloras, que o achegan a converterse no mellor editor de vídeo doméstico desexábel.

Entre os cambios recentes máis interesantes de cara á sinxeleza para instalar este programa é a creación duns repositorios PPA. Agora pódese instalar OpenShot de forma moi simple. Esta é a lista de repositorios que teremos que engadir á nosa Ubuntu para dispoñer deste editor:

  • Para Ubuntu 9.04 (Jaunty)
deb http://ppa.launchpad.net/openshot.developers/ppa/ubuntu jaunty main
deb-src http://ppa.launchpad.net/openshot.developers/ppa/ubuntu jaunty main
  • Para a vindeira Ubuntu 9.10 (Karmic)
deb http://ppa.launchpad.net/openshot.developers/ppa/ubuntu karmic main 
deb-src http://ppa.launchpad.net/openshot.developers/ppa/ubuntu karmic main

Unha vez engadidos estes repositorios, bastará con teclear nunha terminal as seguintes ordes:

sudo apt-key adv –keyserver keyserver.ubuntu.com –recv-keys B9BA26FA
sudo apt-get update
sudo apt-get install openshot

No apartado de melloras no funcionamento do programa, hai unha que destaca por méritos propios: a inclusión de efectos de vídeo e son.

O equipo de desenvolvemento de OpenShot incluíu, na versión 0.9.42, trinta efectos de vídeo e tres de son. Entre os efectos de vídeo podemos atopar:

  • Vídeo en branco e negro
  • Pixelado
  • Auga
  • Vídeo en sepia
  • Desenfoque
  • Espello
  • Granulado antigo
  • Resplandor

E moitos máis, ata o total dos trinta que foron engadidos. No apartado de son, os efectos engadidos foron:

  • Phaser
  • Pitch (“ton”)
  • Ecos

OpenShot, un fantástico aplicativo que se está a converter rapidamente nun dos mellores dentro da súa categoría.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal