Mancomún

Grecia promove unha plataforma de servizos gobernamentais para os seus municipios

Venres, 19 Decembro 2008

Varios concellos gregos están a desenvolver unha plataforma de código aberto co propósito de ofrecer á cidadanía e ás pequenas e medianas empresas acceso aos seus servizos. Esta plataforma de servizos gobernamentais, denominada LGAF, será desenvolvida polo Unión Central de Municipios de Grecia (Kedke).

Serán un total de dezaseis cidades e municipios os que comezarán a desenvolver este proxecto, incluíndo as rexións de Imathia, Ithaca, Konitsa e Chios.

LGAF permitirá á poboación en xeral e a PEME pagar taxas e impostos, modificar os seus rexistros da administración pública e a compra de permisos e licenzas. O sistema tamén ofrecerá información sobre saúde pública, asistencia social, o ambiente, así como o deporte e as actividades culturais.

Estes servizos municipais estarán accesibles a través de Internet ou por un sistema de resposta de voz. Kedke tamén ten previsto desenvolver unha plataforma SMS que poida informar aos usuarios a través de mensaxes de texto.

Este sistema porase a disposición de todos os municipios gregos, sen coste algún, de acordo coa declaración publicada por Kedke. “Todos os municipios gregos poderán beneficiarse da experiencia destas dezaseis comunidades”. Aínda que Kedke imporá un cargo polo apoio técnico. A organización espera que esta que a plataforma se converta nunha referencia para outros proxectos de interoperabilidade.

Kedke empregará software de fontes abertas, así como o sistema de xestión de contidos BetaCMS para ofrecer aos sistemas de TI herdados. O sistema basearase tamén na rede de Internet do Goberno Grego, Syzefxis, que une todos os municipios.

O web do proxecto LGAF foi publicado o pasado mes de xuño.

Fonte: OSOR.eu

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal