Entre o 22 e o 28 de xullo, terá lugar a GUADEC 2020, este ano en formato en liña.
GUADEC

GUADEC é a conferencia máis grande da comunidade de GNOME, que reúne a centos de usuarios, colaboradores, membros da comunidade e entusiastas partidarios durante unha semana de charlas e talleres.
A GUADEC (GNOME User and Developer European Conference) é unha conferencia europea anual, centrada no desenvolvemento e promoción da contorna de escritorio GNOME que pon en contacto a entusiastas e profesionais do Software Libre de todo o mundo a través de charlas, demostracións, discusións, festas, xogos e outras actividades.
Busca dar a coñecer os últimos avances técnicos, a oportunidade de aprender novas habilidades e ferramentas, asistir a charlas de expertos e participar en talleres e debates. Podedes consultar o programa completo na web oficial do evento.
Todos os eventos serán emitidos por streaming, a través da plataforma libre BigBlueButton:
meet.gnome.org

GNOME

GNOME é un proxecto dunha contorna de escritorio, de software libre e apoiado por unha fundación sen ánimo de lucro. Tamén é unha plataforma de computación e un ecosistema de software, composto enteiramente de software libre, que está deseñado para ser elegante, eficiente e fácil de usar.
Inscrición
A inscrición está aberta ata o 28 de xullo, a través desta ligazón.
