Guayadeque é un reprodutor de audio para GNU/Linux baixo licenza GPL, que está baseado en WxWidgets. Entre as súas virtudes destacan a de ser un aplicativo moi completo e moi rápido. Guayadeque é un reprodutor moi recomendado para aqueles equipos que se estean quedando obsoletos ou que non conten con moitos recursos, xa que é moi lixeiro porque o seu consumo de memoria é moi baixo. Está especialmente deseñado par manexar grandes cantidades de ficheiros, dirixido ás persoas usuarias que enchen varios discos duros con ficheiros de música.
Este reprodutor permite entre outras moitas opcións:
-
Escoitar e xestionar bibliotecas de música
-
Usar o servizo de Last.fm
-
Escoitar radios en liña
-
Descargar carátulas e letras de cancións
Este aplicativo está aloxado en sourceforge.net, onde se atopan todos os ficheiros dispoñíbeis para a súa instalación. Para levar a cabo a instalación a mellor opción e máis fiábel e descargarse o ficheiro guayadeque-x.x.x.tar.gz e descomprimilo :
tar xvfz guayadeque-0.1.5.tar.gz
Despois entrase do cartafol do aplicativo:
cd guayadeque-x.x.x
Executase o script build
./build
Rematase a instalación facendo:
sudo make install
Hai que ter en conta que para levar a cabo a instalación hai que ter instaladas as dependencias que require este aplicativo. Para saber cales son as que se precisa instalar pódense ver no ficheiro README que esta no cartafol guayadeque-x.x.x.
