Grazas á OSL da USC os membros da comunidade universitaria da Universidade de Santiago de Compostela poderán configurar os seus dispositivos móbiles con sistema operativo Android para facer uso da rede sen fíos da universidade de xeito doado.
Así, a OSL da USC publicou esta semana na súa web unha guía para a configuración da wifiUSC nos dispositivos con Android.
Trátase dunha guía gráfica de elaboración propia que xorde como parte do servizo de asistencia que a OSL presta á comunidade universitaria para o emprego dos servizos da USC en sistemas operativos libres.
O manual conta con capturas de pantalla e explicacións aclaratorias para cada unha delas. Dende a OSL advirten que a guía se elaborou para a versión 2.2.1 do sistema operativo Android polo que os menús de configuración poden diferir lixeiramente dos amosados na guía se se dispón de versións anteriores. Ademais, todos aqueles usuarios da wifiUSC que aínda teñan dúbidas sobre a configuración poden consultalas coa OSL a través dos seus medios de contacto habituais.
Fonte: OSL da USC
