Mancomún

Guifi.net, unha rede sen fíos aberta

Venres, 18 Decembro 2009

Guifi.netA Universidad Libre y Experimental (Ulex) organizou onte xoves na Casa Invisible (Málaga) a presentación do proxecto de rede sen fíos e de fibra óptica de xestión cidadana Guifi.net. Guifi.net é unha rede en plena expansión, aberta, libre e neutral. Trátase dun proxecto colaborativo que reúne a persoas, colectivos, empresas, administracións e universidades, e onde cada participante, ao conectarse, estende a rede e obtén conexión con todos os demais. Guifi.net é radicalmente pioneira por negociar o acceso ao punto neutro de Internet en Barcelona (CATNIX) e construír o seu propio tendido de fibra óptica á marxe das operadoras telefónicas. De feito a Comisión do Mercado de Telecomunicacións inscribiu o pasado novembro á Fundación de Guifi.net no seu rexistro de operadores de Internet.

En Guifi.net todos participan en igualdade de condicións baixo o marco do Comuns Sensefils. O día 11 de xullo de 2008 creouse a "Fundació privada per á xarxa oberta, lliure i neutral guifi.net" coa finalidade de ser un instrumento máis ao servizo da rede aberta sen alterar o seu formato orixinal. A dirección de correo da Fundación é fundacio (arroba) guifi.net, e pódese contactar con guifi.net nos seus foros A documentación de guifi.net pódese consultar en http://guifi.net/es/ESDocs , e pódese ver onde hai a rede visualizando os mapas.

Miles de particulares, empresas e administracións están facendo rede seguindo o modelo guifi.net, para conectarse e para facer instalacións, mantementos e aportar contidos.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal