Os vindeiros días 26 ao 30 de xuño terá lugar o 11 Workshop de OpenFOAM® en Guimarães, Portugal, organizado polo IPC/i3N-Institute of Polymers and Composites da Universidade de Minho.

Neste encontro, que se celebra dende o ano 2006, participan un gran número e usuarios e desenvolvedores, tanto do sector industrial como do académico, interesados na tecnoloxía OpenFOAM®, que actualmente cobre un amplo rango de aplicacións. A xornada está aberta a calquera sen restrición de orixe ou área de actividade.
O programa do encontro inclúe varios cursos de formación sobre OpenFOAM®, de diferentes niveis, tanto para principiantes como para usuarios e desenvolvedores expertos, que serán impartidos por expertos e programadores de OpenFOAM®.
Segundo se recolle na web do encontro trátase du foro ideal para:
- Presentar e aprender sobre os últimos desenvolvementos e actuais capacidades da tecnoloxía OpenFOAM®.
- Intercambiar experiencias e visións sobre os desenvolvementos de OpenFOAM®
- Coñecer outros usuarios/desenvolvedores de OpenFOAM® con intereses similares e establecer relacións de traballo
- Formarse na tecnoloxía OpenFOAM®
- Aprender como contribuír a OpenFOAM® e como colaborar coa comunidade de usuarios de OpenFOAM®.
Os interesados poden obter a información completa no web do Workshop de OpenFOAM.
