Hoxe, 26 de maio, comezan as III Xornadas de Software Libre: “Software Libre e Cidadanía” organizadas por GULO e en colaboración con OSLUVI (Oficina de Software Libre da Universidade de Vigo) e Mancomún.
O lugar de celebración destas xornadas será o Ateneo da cidade de Ourense. As xornadas comezarán hoxe martes 26 ás 16:30.
A programación das xornadas é a seguinte:
-
Martes 26 de maio:
16:30 – 16:45 Ourense, GULO e software libre
16:45 – 17:25 Software libre: condicións de uso
17:30 – 18:25 Aplicativo do software libre no ámbito doméstico e empresarial
18:30 – 19:30 Alternativas libres ao software privativo.
-
Mércores 27 de maio:
16:30 – 17:25 Instalación de GNU/Linux
17:30 – 18:25 ¿Por que usar MS Office tendo OpenOffice.org?
18:30 – 19:30 Xoga en liberdade.
Durante a celebración das xornadas repartirase material diverso e haberá sorteos e agasallos…
Actividade engadida ao “Calendario de actividades” de Mancomún.
Fontes:
