Mancomún

GULO renova a imaxe da súa páxina web

Luns, 13 Outubro 2008

GuloO Grupo de Usuarios de GNU/Linux de Ourense, Gulo, vén de mudar a súa imaxe na rede coa renovación da súa páxina web www.gulo.org

Este cambio, que mantén como base da plataforma o xestor de contidos Joomla, está orientada fundamentalmente a un redeseño da interface coa utilización dunha plantilla máis limpa e estruturada. Os contidos e a súa disposición permanecen, en principio, sen modificación algunha.

Non obstante, a imaxe de inicio na que reza o lema “Gulo, the right way” abre moitas expectativas de cara aos cambios dos que comeza a dar conta este GGUL.Haberá que permanecer atentos.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal