Mancomún

gvSIG Mini: un visor de mapas para dispositivos móbiles

Martes, 3 Novembro 2009

gvsig mini

gvSIG Mini é un visor de mapas para dispositivos móbiles que actualmente é compatíbel cos servizos de mapas baseados en teselas, como son o caso de OpenStreetMap, Yahoo Maps, Microsoft Bing e outros.

As principais características deste aplicativo son:

  • Visualización de imaxes de satélite, cartografía renderizada ou híbrida.
  • Busca de enderezos
  • Baixo uso do ancho de banda da conexión a internet
  • Uso sen conexión a internet
  • Descarga de mapas
  • Navegación polo mapa: zoom, desprazamento con arrastrar e soltar.
  • Mostrar a posición actual do GPS
  • Busca de POI (puntos de interese)
  • Calculador de rutas entre dous puntos

gvSIG Mini pódese descargar para dispositivos con sistema operativo Android ou para todos aqueles que sexan compatíbeis con Java. A versión para Java tamén inclúe un cliente WMS e a versión para Android trae consigo un cliente Tweetme, información meteorolóxica e o uso do acelerómetro para facer zoom á posición actual).
gvSIG é un proxecto financiado por Prodevelop, S.L., o IMPIVA da Generalitat Valenciana e Fondos FEDER da UE.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal