Mancomún

Hacklab de inciación ao desenvolvemento de aplicativos para o contorno KDE

Luns, 10 Xuño 2013

Cartel do hacklab de KDE de GPULA asociación GPUL organiza para este mércores día 12 de xuño un hacklab de iniciación ao desenvolvemento en Qt e KDE.

O obradoiro celebrarase no laboratorio 0.4w da Facultade de Informática da UDC a partir das 17:30 cunha duración aproximada de dúas horas.

O hacklab consiste nun encontro informal similar a un grupo de traballo para aprender e traballar todos xuntso sobre unha mesma tecnoloxía. Nesta ocasión o evento xirará en torno á programación de aplicativos para o contorno de escritorio KDE, onde se explicarán as bases técnicas do desenvolvemento en C++ e en python de aplicativos con Qt e kdelibs.
A xornada desenvolverase de forma totalmente práctica, polo que recomendan que os asistentes leven os seus portátiles, e dende a organización informan que en todo momento tentarase adaptar a formación ao nivel de coñecementos previos dos asistentes, sendo o único requisito para poder tirar proveito da xornada ter programado nalgunha ocasión con linguaxes orientadas a obxectos.

Esta actividade forma parte das actividades que GPUL realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2013 da Xunta de Galicia.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal