A asociación OUSLI organiza para este sábado 27 de novembro, de 12:00 a 20:00 horas, un Hackmeeting co obxectivo principal de que os seus socios poidan reunirse e pasar unha xornada na que GNU/Linux e o software libre sexa o eixe central.
O encontro, como non podía ser doutro modo, está aberto a quen queira participar e consistirá nunha serie de conferencias e obradoiros prácticos nos cales os socios e xente externa poderá aprender e compartir coñecementos de Software Libre.
Este tipo de encontros non conta cun programa determinado, senón que as actividades e as temáticas concretas improvísanse en función dos intereses e coñecementos dos asistentes, fomentando así a participación, o dinamismo e maximizando o intercambio de coñecemento durante a xornada.
O hackmeeting terá lugar nos locais de asociacións da Universidade de Vigo no Campus de Ourense.
Esta actividade forma parte das actividades que a asociación desenvolve ao abeiro do Convenio de colaboración asinado polas AGUSL coa Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia e incluídas no plan de acción FLOSS 2010 da Xunta de Galicia.
Fonte: OUSLI
