Mancomún

HacktoberFest 2020

Xoves, 22 Outubro 2020

O 24 e 25 de outubro terá lugar un novo congreso en liña de software libre, o Hacktoberday 2020, organizado por LibreLabUCM, asociación da Facultade de Informática da Universidade Complutense de Madrid que promoven o software libre, a cultura libre e a ciberseguridade.

Relatorios e talleres

Teñen confirmados todos estes relatorios e talleres para o congreso:
– Vim, o editor
– Ferramentas de Podcast
– Todo o que necesitas saber para desenvolver apps en Ubuntu Touch
– Git avanzado
– Aprendizaxe-como-código: usando ferramentas CI/CD para avaliación automática de proxectos en informática
– Only Office
– PHP en 2020
– Git Básico
– U-boot, un bootloader para bootear a todos

Evento en liña

Dada a imposibilidade de celebrar o HacktoberFest na Facultade de Informática, a organización decidiu realizar un día temático en liña, dedicado ás tecnoloxías #FOSS e ao uso de Git/GitHub no que todo aquel interesado puidese asistir e tamén presentar a súa proposta.

Máis información na web oficial do evento

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal