Mancomún

HDD40: ferramenta para documentalistas e vixilancia tecnolóxica

Venres, 9 Outubro 2009
HDD documentalistaHDD40 é un aplicativo en software libre deseñado para a captación de información e a xestión documental, moi útil para os profesionais da información, tanto aqueles que se adican á vixilancia tecnolóxica, como aos arquiveiros, documentalistas e bibliotecarios, entre outros.

HDD40 ou HDD é un recolector de documentos de diversas fontes: blogs, revistas electrónicas, prensa histórica, teses, páxinas web, correo-e, RSS, fotografías, etc…  que recolle toda a información posible das mesmas para incorporala a súa base de datos, podendo configurar as fontes e os horarios de recolección dos datos.

As ferramentas de procesado dos datos inclúen os métodos tradicionais, tesauros, cadros de clasificacións, metadatos Dublin Core.

Como resultado obteremos informes e listados, documentos para poder importalos en WordPress, consultas SQL e mesmo podemos dicirlle ao aplicativo que nos envíe a base de datos a Internet, para poder usala noutros aplicativos.

O programa pode descargarse desde o servizo Google Code na seguinte URL: http://code.google.com/p/hdd40/downloads/list

A continuación podedes ver unha imaxe descriptiva do fluxo de traballo do programa…
HDDSegundo os seus propios desenvolvedores informan: “advírtese que o aplicativo está en continua fase de desenvolvemento, o cal pode ser un inconveniente, que ao mesmo tempo se convirte na vantaxe de poder aportar ideas e opcións que considere de interese”…

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal