Mancomún

Hoxe comeza a III Feira da Tecnoloxía Aberta, a OSHWDEM 2014

Venres, 7 Novembro 2014

Cartel da OSHWDEM 2014Hoxe comenza na coruña, na Domus a III Feira da Tecnoloxía Aberta, a OSHWDem 2014, organizada por Bricolabs , e que conta coa colaboración da asociación Ghandalf ao abeiro do Convenio de colaboración asinado coa AMTEGA para a difusión do software libre.

Esta feira contará como nas dúas edicións pasadas cunha serier de obradoiros relacionados co Hardware libre que pretenden difundir esta filosofía e achegar o coñecemento a todas as persoas interesadas en plataformas e ferramentas libres.

Durante toda a tarde de hoxe haberá obradoiros de acceso libre e gratuíto, aínda que con prazas limitadas, polas características dos obradoiros e as aulas nas que se imparten, polo que é imprescindible inscribirse previamente. Ademais, dado que esta tarde non haberá feira demostrativa, só poderá acceder ao recinto que estea inscrito. Os obradoiros celébranse en paralelo a partir das 16:30 horas, polo que só se poderá asistir a un.

O sábado 8 de novembro , a partir das 10:00 da mañá comezará a exhibición da OSHWDem nas salas dedicadas da segunda planta e ao mesmo tempo haberá relatorios, competicións e concursos tanto no espazo de exhibición como noutras dependencias do museo.
Os obradoiros do venres 7 de novembro son:

  • Iniciación a Arduino y Processing: SODAR (SOnic Detection and Ranging) Construirase un radar por ultrasonidos con Arduino.
  • Impresión 3D. Realizarase unha introdución ao deseño de pezas 3D, ao proceso de impresión e, por suposto, os asistentes poderán imprimir en varias impresoras 3D as pezas deseñadas durante o obradoiro. Todo isto empregando ferramentas libres.
  • Robot segue liñas . Crearase un robot, capaz de seguir unha liña debuxada no chan, con compoñentes hardware non programables sobre unha placa de prototipos. Estes robots poderán participar na Competición de robots segueliñas que se celebrará o sábado.
  • Obradoiro de Robótica e Arduino con RedBots. Obradoiro orientado á programación de robots da plataforma libre RedBot de Sparkfun.
  • Obradoiro de Ferramentas libres e Deseño Electrónico. Introdución ás ferramentas de deseño electrónico KiCad, QUCS, NGSPICE, GHDL/GTKWave, Electric VLSI Design System e NEC2.

A información completa sobre o contido e os prerrequisitos para cada obradoiro pódense consultar no portal web do evento.

O horario do sábado 8 de novembro é o seguinte:

  • 10:00 Apertura de portas
    • Recepción de asistentes
    • Entrega de agasallo de benvida aos máis madrugadores (asistentes inscritos na OSHDEM)
  • 10:00 – 20:00 Exposición ininterrumpida de proxectos
  • 11:00 Charla inaugural – Sala exposición
  • 11:10 Charlas e mini obradoiros – Sala exposición
  • 12:00 Quiz (Concurso de preguntas) – Sala exposición
  • 12:30 Charlas e mini obradoiros – Sala exposición
  • 16:00 – 18:00 Concursos e entrega de premios
    • Competición Robots Segue liñas – Sala proxección cine
    • Torneo Galego Sumo Robot – Sala proxección cine
    • Entrega de premios
  • 19:00 Desafío camisetas frikis – Sala exposición
  • 20:00 Despedida e peche

A OSHDEM2014 é organizada por Bricolabs e conta coa colaboración de Ghandalf, bricogeek, cetronic, GADIS, Natalia Gómez deseño gráfico e ilustración e os Museos científicos do concello de A Coruña.

A colaboración da asociación GHANDALF realízase no marco do Convenio de colaboración asinado coa AMTEGA para a difusión do software libre e forma parte das actividades incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2014 da Xunta de Galicia.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal