Mancomún

HP certifica Ubuntu Server Edition para o seu uso nos seus servidores ProLiant

Martes, 25 Agosto 2009

HPSe hai un tempo HP anunciaba que ía ofrecer asistencia técnica nos seus servidores Proliant con Debian, pois ben, agora tócalle a Ubuntu que acada un selo de calidade que lle permite asegurar os máximos niveis de calidade baixo estas plataformas hardware. Desta maneira, a lista de distribucións GNU/Linux compatíbeis cos servidores ProLiant de HP pasa incluír, entre outras, a Red Hat, Novell, Debian e Ubuntu.

A noticia foi anunciada na páxina oficial de Ubuntu, onde tamén se pode atopar a táboa de compatibilidade entre os distintos modelos de servidores ProLiant e as distribucións Ubuntu 8.04 LTS e 9.04, nas súas versións “Server Edition”.

Ademais, a nota de prensa de Canonical e HP asegura que HP lanzará un paquete de software para Ubuntu para o seu uso nos servidores ProLiant, que incluirá controladores, utilidades e aplicativos que axudarán a mellorar a manexabilidade dos servidores usando Ubuntu.
Máis información na páxina oficial de Ubuntu:
http://www.ubuntu.com/partners/hp

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal