Parece ser que HP ten previsto comezar a vender computadores portátiles e de escritorio con Suse Linux Enterprise Desktop de Novell preinstalado. Prevé que se empecen a enviar estes equipos a zonas xeográficas seleccionadas na segunda metade deste ano, segundo fontes cercanas.
Ambas compañías desenvolverán conxuntamente drivers adecuados e proporcionarás soporte aos usuarios finais. O vicepresidente de plataformas abertas de Novell cualifica o acordo con HP de moi significativo pero declinou dar máis detalles sobre as características do mesmo.
O principal mercado de Novell son as aplicacións de escritorio Linux para empresas, ás que lles ofrece un contrato de soporte anual, e polo momento non ten previsto ampliar esta oferta a consumidores finais.
Fonte: ComputerWorld
