Mancomún

HPLIP, nova versión 3.20.11

Luns, 14 Decembro 2020

HPLIP (software libre para a xestión de imaxes e impresións de HP, contribúe a facilitar que os sistemas con GNU/Linux teñan a habilidade de interactuar coas impresoras HP) anuncia a súa nova versión 3.20.11.

Engadiuse soporte para novos escáneres e impresoras, así como para novos dispositivos compatibles con GNU/Linux de forma nativa. Agrégase soporte para Ubuntu 20.10 e Debian 10.6.

Soluciónase o problema de impresión USB para impresoras compatibles con IPP para Ubuntu 20.04, Ubuntu 20.10 e Linux Mint 20.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal