Este semana arranca en Santiago de Compostela a I Semana da Cultura Libre na cidade de Santiago de Compostela. A actividade está organizada polo Grupo de Cultura Libre de Matadoiro Compostela e participan Mediación Cultural Matadoiro Compostela, MatadoiroTV e GPUL Santiago.
Matadoiro Compostela é un espazo de intervención e autoxestión cidadá establecido fai uns poucos meses e que está a construírse entre todos os seus participantes a partir dun proceso de traballo inclusivo e asembleario.
Este proceso aberto de traballo colaborativo expón novos espazos de reflexión e traballo. Este artéllase mediante grupos abertos e proxectos instituíntes que cooperan para desenvolver un proxecto propio e común. O Grupo de Cultura Libre nace para responder a cuestións transversais da casa como:
- Que tipo de licenza se pode aplicar aos traballos realizados.
- Que tipo de ferramentas se utilizan neste proxecto.
- Promoción do concepto do Software Libre e fomento do seu uso.
- Programación para estándares abertos como filosofía de desenvolvemento e promoción dos mesmos.
- Programación e desenvolvemento de programas libres.
- Achegamento do Software Libre á sociedade en xeral.
- Fomentar o uso de redes de comunicación (internet) como medio idóneo de comunicación entre programadores para o desenvolvemento de software.
- Promover a realización de todo tipo de actividades encamiñadas a cubrir as necesidades dos asociados, así como dirixilas a achegar recursos para cumprir cos fins fundacionais.
Programa de actividades:
- Luns (14/11/2016) 17:00-21:00. Taller de ferramentas libres para edición de vídeo e son.
- Mércores (16/11/2016) 19:00. Café GNU.
- Sábado (19/11/2016) 12:00-18:00. Install Party.
O Taller de ferramentas libres para edición de vídeo e son explorará múltiples programas, todos eles software libre, para a creación audiovisual en contraposición as ferramentas de software privativo para edición de vídeo. O taller tamén falarase de licenzas libres e cal pode encaixar en cada situación.
No Café GNU, un espazo para falar, debaterase e comentarase calquer tema proposto ou que xurda no momento, sempre relacionado co software ou hardware libre, acompañado dun café, ou do que queiras.
Na fin de semana, chega o momento da Install Party no que calquera poder levar o seu vello ou novo ordenador e os colaboradores da Install Party axudaran a instalación de software libre entre bo ambiente e música.
