Mancomún

I xornada de boas prácticas en tecnoloxía para a inclusión social

Martes, 20 Novembro 2012

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), a través do Programa Voluntariado Dixital, acaba de lanzar a liña estratéxica de traballo de "Tecnoloxía para a Inclusión Social"

Progama Voluntariado DixitallEsta nova liña ten como obxectivos unir a experiencia social do terceiro sector galego coa experiencia tecnolóxica das entidades, empresas e/ou asociacións do ámbito TIC da nosa comunidade, para aproveitar este potencial e orientalo de cara as persoas e grupos máis vulnerables, co fin de mellorar a súa calidade de vida, e resolver así determinadas necesidades sociais.

No marco desta liña de traballo, organízase para o vindeiro día 23 de novembro a I Xornada de Boas Prácticas en Tecnoloxía para a Inclusión Social, co obxectivo de crear un punto de encontro e debate, onde se dean a coñecer solucións tecnolóxicas do ámbito social desenvolvidas por empresas TIC galegas, para difundilas entre as entidades de acción social de Galicia, de forma que se amose a utilidade e a idoneidade das TIC como complemento e solución a determinados problemas sociais. Por suposto, como non podía ser doutro xeito, o Software Libre estará presente nesta xornada xa que unha das vantaxes deste tipo de software é a maior facilidade de adaptación do mesmo ás distintas necesidades das persoas con necesidades de inclusión social, como xa se puido comprobar nas xornadas de accesibilidade con software libre organizadas o pasado mes de xullo no Centro Demostrador TIC, ou nas conferencias organizadas o pasado ano pola asociación GALPon sobre dúas ferramentas libres para persoas con discapacidade.
Esta I Xornada de Boas Prácticas en Tecnoloxía para a Inclusión Social, terá lugar de 09:45 a 14:30 horas no Salón 2 Cidade da Cultura, Santiago de Compostela, e estrutúrase en dous bloques, un primeiro de presentación de produtos TIC, no que diferentes empresas exporán unha serie de solucións tecnolóxicas para a inclusión social:

  • iDigital Box. Plataforma de integración de tecnoloxías para a accesibilidade, destinada a persoas con parálise cerebral. INFOJC, S., Javier Cebreiros. Xerente.
  • Bildtec. Vídeo-interpretación en linguaxe de signos. SCIO SOFT, S.L., Enrique Montero. Conselleiro Delegado
  • Módulo PAI de Ecolabora. Diagnóstico integral e seguimento de persoas autistas. ARTEMIS , José Cachafeiro. Xerente
  • Plataforma de formación para persoas con minusvalía auditiva. Plataforma de formación para persoas con minusvalía auditiva a través da linguaxe de signos e pilotaxe para ampliar esta linguaxe para conceptos non existentes. ACADEMIA POSTAL , Marta Barros. Responsable de Creación de Contidos e-Learning
  • Catering. Blackberry e tecnoloxía NFC para xestionar a repartición e a calidade dos produtos de Culinaria, dirixido a persoas dependentes maiores de idade ou persoas discapacitadas. AYCO INTERNET, S.L , Fernando Campos. Xerente
  • Simap-Ben. En execución coa colaboración de Cruz Vermella e desenvolvido xunto coa empresa Tecnocoid SL. Localización e monitorización de persoas con demencia. Benres. Equipos de alarma para residentes e hospitais. LEVEL TELECOM, S.L , Ismael Menéndez. Adxunto á Dirección Técnica
  • Nacodeal. Solucións tecnolóxicas adaptadas para persoas maiores. IMAXDI REAL INNOVATION, S.L., Javier A. Osuna. R&D Director
  • Ontimize+Integra. Software para o tratamento de persoas con necesidade de apoio. Cividas Social. Expediente social único. IMATIA , David Goyanes e Alejandro Ricart
  • Solucións de comunicación e accesibilidade para dispositivos de móbiles ANDROID. ACCEGAL , Fátima Ma García Doval
  • Interacce. Interacción multimodal de usuarios con diversidade funcional. Aplicacións para o sector sociosanitario. WIRELESS GALICIA, Iván Pozuelo. Gestor de proyectos I+D+i .
  • E-Cidadanía. Aplicativo para a e-participación feito en software libre. CIDADANÍA , Ana Lorenzo e Óscar Carballal

Logo destas exposicións, representantes do sector TIC galego e de entidades sociais galegas debaterán na segunda parte da xornada na mesa redonda: “A contribución tecnolóxica ao benestar social: debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades”:

  • Representantes do sector TIC galego:
    • Lucía Gregorio Rodríguez, Directora Xeral de INEO
    • Luis Alberto Marqués, Xerente de AGASOL
    • David Trigo López, Xerente CLUSTER TIC
    • Víctor López García, Presidente de EGANET
    • José María López Bourio, Presidente de AGESTIC
  • Representantes das principais entidades sociais galegas
    • Ma Luísa Ansorena, Presidenta da Unión Democrática de Pensionistas e Xubilados de Galicia (UDP FETEGA)
    • Representante Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI)
    • Representante Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG)
    • Representante Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
    • Representante Organización nacional de Persoas Cegas de España en Galicia (ONCE)
    • Representante da Federación de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia (FADEMGA-FEAPS GALICIA)
    • Representante Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia (FEAFES GALICIA)
    • Representante Federación Galega de Institucións para a Síndrome de Down (DOWN GALICIA)
    • Representante Federación de Entidades e Organizacións Protectoras de Persoas con Autismo de Galicia (AUTISMO GALICIA)

O programa da xornada é o seguinte:

  • 9:45 h. Presentación : Mar Pereira, Directora da AMTEGA
  • 10:00 h. Presentación de produtos TIC para a inclusión social (exposición de 15 min para cada produto)
  • 11.30 h. Descanso
  • 12.00 h Presentación de produtos TIC para a inclusión social (exposición de 15 min para cada produto)
  • 13:30 h. Mesa redonda “A contribución tecnolóxica ao benestar social: debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades” Representantes do sector TIC galego e representantes de entidades sociais galegas
  • 14:30 h. Clausura da xornada

A xornada está principalmente dirixida a entidades de acción social, empresas TIC, representantes da administración e en xeral persoas interesadas do mundo social, solidario e TIC, aínda que por suposto está aberta ao público en xeral.

A xornada é de balde, tan só é preciso formalizar a inscrición a través do correo electrónico voluntariadodixital@xunta.es, antes do xoves 22 de novembro de 2012.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal