O Concello de Melide acolle a celebración da I Xornada de divulgación de Software Libre en Melide. Este evento, organizado a título persoal por Rafael Rodríguez e Jorge Lama, está orientado á difusión do Software Libre.
No transcurso do evento farase unha breve introdución aos conceptos básicos do Software Libre e abrirase a quenda de intervencións para resolver calquera dúbida dos asistentes. A continuación está prevista a realización dun taller práctico, ao que os asistentes poderán traer os seus terminais portátiles co propósito de proceder á instalación real do sistema operativo GNU/Linux e amosar as potencialidades do mesmo.
Á xornada están convidados os distintos organismos de Melide, así como calquera persoa que estea interesado no asunto.
