O vindeiro 16 de Maio en Zaragoza celebrarase a primeira xornada de Tiny ERP do estado español. Este acontecemento que foi organizado por Acysos coa colaboración de Zikzakmedia e NaN, terá lugar en Zaragoza e é de acceso libre previo rexistro.
O programa oficial está publicado no portal TinyERP.es e o rexistro pódese facer enviando un correo ao seguinte enderezo registro@tinyerp.es cos seguintes datos: nome, empresa e teléfono.
Programa …
Pola maña
10:00 a 11:00 – Presentación de Tiny ERP por Pedro Tarrafeta (Consultor de Acysos SL)
11:00 a 12:00 – Novas posibilidades sobre Tiny ERP. kTiny e os nano-clients por Bernat Brunet e Albert Cervera de NaN
12:00 a 12:30 – Café e pastas
12:30 a 14:00 – Mesa redonda: implantacións de Tiny ERP con Javier Esteban (Asesoría Cilveti e Asociados SL), Jordi Esteve (consultor de Zikzakmedia SL) e Luis Mena (director de Producción de Magapor SL)
14:00 a 16:00 – Comida
Pola tarde
Mesa redonda aberta a participación do público co tema:
Esforzo de localización. Que falta por facer e como debemos facelo?
Fonte:
