Mancomún

I Xornadas de Software Libre en Donostia

Mércores, 19 Novembro 2008
Os días 27 e 28 de Novembro terán lugar en Donostia as I Xornadas de Software Libre de Donostia co lema “Software Libre: Unha porta aberta a novas oportunidades de negocio”. Están organizadas polo Plan Avanza , Fomento de Donostia coa colaboración de ESLE, o Grupo ITSAS a Universidade de Deusto e Gisa-Elkartea .

O obxectivo deste evento é presentar desde unha perspectiva multisectorial o amplo abano de oportunidades e beneficios que o Software Libre achega ao tecido empresarial local. De maneira práctica, achegarase aos asistentes á nova realidade empresarial onde o software libre representa ademais dunha opción real de negocio, un dos principais medios a través dos que mellorar a rendibilidade e competitividade das empresas.

O programa das mesmas é o seguinte:

Xoves 27 de novembro

  • 11:00-11:45: “Software Libre na aula: recursos para dar clase” e “Educación 2.0” na que se tratará de explicar como potenciar o coñecemento a través de ferramentas libres.
  • 12:15-13:00: “Opcións libres para a formación online” onde se verán exemplos prácticos sobre o uso da formación interactiva para fomentar os contornos colaborativos e a xeración de coñecemento.
  • 19:30-20:30: “7 bos consellos para triunfar no cambio ao Software Libre” sesión práctica para favorecer o achegamento das empresas ás posibilidades das novas tecnoloxías.

Venres 28 de novembro

  • 10:30-11:00: Charla de apertura con Álvaro del Castillo (CENATIC) e Andoni García (de ESLE) que exporán a situación actual do sector, sobre como o Software Libre está gañando terreo día a día e é unha opción real de negocio.
  • 11:00-12:15, “Software Libre como modelo de negocio innovador e de éxito”, coa presentación dos proxectos Openbravo e Sinadura, proxecto para integrar o uso da firma electrónica nos procesos das empresas, e casos reais de uso de aplicacións de soft. libre no Obispado de Bilbao e en DTS-OABe.
  • De 12:15 a 13:00 mesa redonda con Montxo Aguinaga, Director de Consultoría Openbravo. Iker Sagasti, Director Xerente de Irontec, Dani Gutiérrez (Bispado de Bilbao) e o público.

Fonte: DiarioLinux 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal