{mosimage}O xigante azul ameazou con abandonar os organismos responsábeis de normalización, pola súa actuación ante as irregularidades denunciadas na controvertida estandarización pola vía rápida do formato de documentos de Microsoft OOXML, e anunciou unha nova política corporativa para crear normas técnicas abertas promovendo a súa adopción pola industria.
O anuncio de que unha das maiores e máis influentes multinacionais de alta tecnoloxía “cambiará a súa forma de relacionarse cos organismos de normalización” non debería caer en saco roto.
Non é fácil que IBM cumpra a súa ameaza de abandonar este organismo ou a Asociación de fabricantes de Electrónica de consumo, porque sería prexudicial para ela mesma e para a industria en xeral, pero a súa análise de situación debería ser tido moi en conta.
A declaración de IBM é clara e directa e establece a súa motivación empresarial para promover estándares abertos. Os principios mostrados inspíranse nos resultados dun debate promovido pola compañía este verán e no que participaron 70 especialistas independentes do mundo académico, gobernamental, legal ou de estandarización de normas.
“A nova directriz de IBM promove normas simplificadas e prácticas coherentes sobre propiedade intelectual, e fai fincapé en que todas as partes interesadas, incluída a comunidade de código aberto e os mercados emerxentes, deben ter igualdade de condicións, xa que participar no proceso das normas”.
“Na economía mundial globalizada, as normas técnicas abertas son esenciais…”, di IBM, que aposta por transparencia nos procesos e nas votacións e unhas normas para que os organismos de normalización estean protexidos “de calquera influencia indebida”, en clara alusión a Microsoft e a súa actuación no caso OOXML.
