Despois dunha longa espera e moitos intentos de ter un ‘toolkit’ unificado para o manexo do estándar ODF (OpenDocument Format), IBM e Sun Microsystems anunciaron na OpenOffice.org Conference 2008 o lanzamento de ODF Toolkit, unha nova iniciativa que unificará todos os esforzos despregados ao redor de ODF.
O ODF Toolkit proverá de bibliotecas que permitirán o desenvolvemento de aplicacións compatibles co estándar ODF. O rango de proxectos que están dispoñibles no ODF Toolkit vai desde ferramentas pequenas que simplifican o uso de ODF no desenvolvemento de software, hasta grandes aplicacións Java e .NET de validación de ODF…
