IBM en asociación con LISA (Localization Industry Standards Association), Welocalize, Cisco e Linux Solución Grupo eV (LiSoG) crearon un proxecto de código aberto que proporciona unha contorna de tradución empresarial moi completa dirixida aos tradutores profesionais.
Segundo un estudo de 2009 da Unión Europea, a taxa anual de crecemento da industria da lingua estimouse nun 10% como mínimo durante os próximos anos, resultando nun valor aproximado de 16,5 a 20 billóns de € en 2015. A misión de LISA é desenvolver estándares técnicos abertos para o proceso de globalización e facilitar os negocios internacionais. Conxuntamente cos líderes da industria, LISA está a anunciar o proxecto OpenTM2, que non só é unha implementación pública e aberta dun contorno de traballo para a tradución profesional que serve de referente no uso das actuais normas da industria da localización, tales como o TMX, senón que tamén ten como obxectivo proporcionar un acceso estandarizado a software de xestión do proceso de globalización. Esta iniciativa ofrécelle pois a LISA a oportunidade de revitalizar as normas da industria da localización cunha implementación aberta de referencia.
Bill Sullivan, Executivo de globalización de IBM recoñeceu que "Hai unha recoñecida e crecente necesidade de estándares na industria da localización. A pesar das nosas mellores intencións, con todo, as propias normas a miúdo poden ser vagas e abertas a múltiples interpretacións. O que se necesita son implementacións e plataformas de referencia que sirvan como modelos concretos e sen ambigüidades, en apoio da norma. A nosa esperanza é que OpenTM2 poida converterse nunha plataforma de referencia para o estándar TMX ".Engade ademais que "Os tradutores independentes son a columna vertebral da industria da localización. Estes tradutores anhelan dispoñer de ferramentas de tradución libres e robustas que lles permita aumentar a súa produtividade. A nosa esperanza é que ao proporcionar de forma gratuíta OpenTM2 poidamos contar coa axuda deste exército de usuarios para achegar OpenTM2 aínda máis ao estándar TMX."
Con OpenTM2, LISA agarda revolucionar o ecosistema e levar os valores reais dos negocios tanto aos provedores como aos consumidores dos servizos. "O anuncio de OpenTM2 é un paso crítico para prover un ambiente de verdadeiro intercambio aberto para as tecnoloxías de software de tradución", dixo Arle Lommel, xefe de LISA das Actividades sobre Estándares Abertos. "É moi alentador ver aos estándares abertos seren empuxadas á vangarda do negocio da globalización. Unha solución tecnolóxica para a localización extremo a extremo axudará a nivelar o campo de xogo ao proporcionar unha vía máis fácil e menos custosa para que os clientes incrementen o seu volume de tradución."
OpenTM2, baseado na versión de código aberto de IBM TranslationManager / 2, ofrece a primeira contorna de tradución con todas as funcionalidades a nivel de empresa no mundo open-source que permite aos tradutores producir traducións de alta calidade de forma rendible. Coa consistencia das ferramentas e as normas de intercambio nunha contorna aberta, os tradutores xa non están limitados á elección de software privativo de alto custe cunha interoperabilidade moi limitada con outras ferramentas comerciais.
OpenTM2 publícase con licenza Eclipse Public License e integra diferentes aspectos do fluxo de traballo nun proxecto de tradución extremo a extremo como: xestión do proxecto, informes de progreso da tradución, reutilización de materiais de tradución existentes, memorias de tradución, glosarios e terminoloxía existentes.
Por medio de asociacións con outras iniciativas chave de código aberto na industria, a intención final é proporcionar unha plataforma aberta para a integración de servizos desde un punto de vista de proceso de extremo a extremo. "A memoria de tradución é a ferramenta máis utilizada na nosa industria, e esta iniciativa de código aberto desbloquea a base da nosa cadea de subministración. A colaboración aberta, a integración e os formatos estándar de intercambio de datos impulsarán a nosa industria a novas alturas, e esta iniciativa axudará a abrir o camiño."predí Yewell Smith, director xeral de Welocalize.
Máis información sobre o proxecto e os socios en:
- OpenTM2 Project Pages: http://www.opentm2.org
- LISA (Localization Industry Standards Association): http://www.lisa.org
- LISoG (Linux Solutions Group): http://www.lisog.org
- FOLT (Forum Open Lanuage Tools): http://www.folt.org
- IBM Globalization: http://www.ibm.com/software/globalizatio
- Welocalize: http://www.welocalize.com
- Cisco: http://www.cisco.com
Fonte: Nota de prensa de LISA
