Para conseguir isto, o servizo divídese nas seguintes fases:
- Consultoría previa á migración: que migrar?, como facelo?, cara onde?, cando?.
- Plano de migración. Esquema das etapas de migración que se levarán a cabo.
- Implantación. Execución do plano de migración.
- Soporte telefónico post migración.
- Formación. Curso de formación a nivel usuario
A través da consultoría previa é posible comprender e clarificar os obxectivos de negocio e os requirimentos técnicos, identificar e documentar requirimentos e riscos funcionais e non funcionais, discutir as alternativas de migración, analizando pros y contras… Esta análise detallada realízase sempre a carón dos usuarios involucrados nos procesos das áreas de migración e deste xeito defínese o alcance da migración para a creación do Plano de migración.
Durante esta fase defínense tamén áreas de criticidade para a adopción de tecnoloxías Open Source e tense presente en todo momento a necesidade de manter as funcionalidades e niveis de seguridade actuais.
O obxectivo é facer unha migración planificada de xeito que poida ter éxito e minimice as posibilidades de fracaso ou frustración por unha mala estimación do impacto da mesma.
O prezo deste servizo pode variar dependendo das características da empresa pero estímase que para por exemplo 50 estacións rondaría os 2600 $ máis taxas.
