Mancomún

IBM optimiza o uso da información coas súas novas solucións

Martes, 9 Setembro 2008
Este conxunto de ferramentas estratéxicas está baseado en estándares abertos e foi deseñado para un total de 18 sectores empresariais
 
IBM anunciou novas ferramentas e servizos de software baseados en estándares abertos que axudarán aos clientes a utilizar a informaciónempresarial como activo estratéxico nos seus negocios. Trátase dunha oferta completa para xestionar a información empresarial, que funciona especificamente para 18 sectores económicos clave.

As compañías sempre tiveron dificultades para extraer conclusións de valor da súa información, xa que esta tradicionalmente estivo estreitamente asociada ás aplicacións para as que se crearon. Por iso IBM presentou ferramentas de software aberto, modelos de datos, deseños e servizos de consultoría sectoriais que permiten establecer unha estratexia corporativa para usar a información máis eficazmente, de tal forma que permita incrementar o rendemento do negocio.

Os seus principais compoñentes son:
  • Ferramentas IBM Foundation: Que axudan aos clientes a entender a información que xa teñen e a xestionala de face ao futuro. Estas ferramentas melloran a administración, integración e extracción de coñecementos do crecente volume de datos que manexan as compañías.
  • Guías e obradoiros sectoriais: Para axudar a crear unha estratexia en materia de xestión da información e unha folla de ruta que axude ás empresas a mellorar o rendemento do seu negocio. Cada un dos 18 sectores industriais ten as súas propias guías e obradoiros.
  • Aceleradores sectoriais: Modelos de datos e activos para mellorar o rendemento do negocio, reducir os riscos e obter resultados con maior rapidez. IBM Global Business Services avalía as necesidades das empresas e acelera o desenvolvemento e posta en explotación das súas estratexias de información corporativas.
  • Centros de competencia de Information on Demand: Para desenvolver coñecementos e experiencia na empresa que faciliten a transformación do negocio. Nestes centros desenvólvense áreas como a análise de negocio e a xestión da información e dar un mellor soporte ás súas Axendas da Información.

Os 18 sectores que IBM cobre con estas novas ofertas son: aeroespacial e defensa, automoción, banca, química e petróleo, produtos de consumo, electrónica, enerxía e utilidades, goberno federal, pagos de asistencia sanitaria, provedores de asistencia sanitaria, produtos industriais, seguros, medios e entretemento, farmacia, distribución, goberno local e estatal, telecomunicacións e viaxes e transporte.

 Fonte: IBM

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal