Mancomún

IEBS lanza o primeiro Master especializado en Software Libre de Xestión e ERP Estendido

Luns, 29 Abril 2013

Logotipo da escola de negocios IEBSA escola de negocios IEBS vén de anunciar o lanzamento do primeiro master do mercado que aborda a xestión do software empresarial apoiado en ferramentas con licenza libre. Trátase do Master en Software Libre de Xestión: Open Source ERP II. O Master está dirixido a profesionais, emprendedores e recentemente titulados que aspiren a liderar os procesos de transformación e innovación das empresas do século XXI.

Os ERP (ou Enterprise Resource Planning, polas súas siglas en inglés) son sistemas de información utilizados para xestionar e automatizar os principais procesos de negocio empresariais. Na actualidade, estes sistemas evolucionaron cara a unha integración de procesos e funcións e o seu uso está a xeneralizarse en todo tipo de organizacións, en parte, grazas á irrupción de novas e innovadoras propostas en software libre.

O programa responde ás necesidades formativas de novos perfís profesionais, nunha era na que o software libre é unha realidade cada vez máis demandada no mundo empresarial, pero na que resulta difícil atopar a profesionais preparados capaces de implantalo con éxito.
O Master en Software Libre de Xestión, Open Source e ERP II proporciona as ferramentas necesarias para comprender e xestionar o cambio de paradigma que supoñen o software libre nas organizacións, profundando, de maneira práctica, nas aplicacións de xestión en software libre líderes en cada categoría como Openbravo, SugarCRM, Pentaho, Alfresco ou Magento, entre outras. O obxectivo do programa é capacitar ao alumno de forma moi práctica, traballando en casos reais e simulacións, para que este poida aplicalos á súa contorna e necesidades particulares.

O programa, que arrinca o próximo 24 de outubro 2013, impártese integramente de forma online. Os interesados poden informarse sobre este master na web da escola de negocios.

O director do master, un dos impulsores de Openbravo e experto en ERPs, Eugeni Vives, explica que “o obxectivo do master é que o alumno adquira as habilidades necesarias para deseñar unha estratexia óptima, baseada en software libre, para a implantación dos sistemas de xestión empresarial dunha empresa, administración pública ou ONG. Que estea preparado para liderar o cambio, detectar oportunidades, optimizar recursos e simplificar procesos”.

Sobre IEBS

IEBS nace en 2010 como unha escola de negocios baseada na innovación, o apoio aos emprendedores, a ética e a sustentabilidade. O seu obxectivo é crear un trampolín para emprendedores que ofreza formación, apoio e financiamento para acelerar ao máximo start-ups de base tecnolóxica. Foi elixido recentemente como a 1ª escola de negocios integramente online e no TOP 9 das mellores escolas de España.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal