Mancomún

Igalia busca unha persoa para cubrir un posto de Administración de Sistemas GNU/Linux

Xoves, 5 Febreiro 2015

Logotipo de IgaliaIgalia busca ampliar o seu equipo cunha persoa para cubrir un posto senior de Administración de sistemas.

A persoa candidata debe posuír coñecementos e experiencia en GNU/Linux, LDAP, volume management, networking, SQL, virtualization, scripting, git, etc. A persoa escollida para o posto integrarase e desenvolverá un papel crucial no equipo de sistemas de Igalia. Polas características do posto, o traballo desenvolveríase principalmente on site, nas oficinas de Igalia en Galicia.

Igalia é unha empresa que ofrece igualdade de oportunidades de contratación e que defende a non discriminación de minorías.

Igalia é unha empresa altamente especializada que ofrece servizos de consultoría, desenvolvemento e innovación en torno a unha ampla variedade de software e hardware libres. Entre as áreas de especialización de Igalia destacan as áreas de navegadores, gráficos, compiladores e multimedia. Igalia aplica o seu coñecemento a unha ampla variedade de plataformas e tecnoloxías no mercado da electrónica de consumo e proporciona solucións innovadoras a compañías internacionais en torno a múltiples dispositivos, como smart TV, set-top boxes, tablets, teléfonos móbiles, sistemas de información e navegación dos vehículos ou sistemas domóticos.

Funcións a desenvolver

  • Manter os servizos e redes de Igalia e desenvolver novos servizos.
  • Deseñar e liderar a evolución dos sistemas e da arquitectura de rede de Igalia.
  • Apoiar aos equipos de enxeñeiros de Igalia definindo requirimentos de servizo e realizando tarefas relacionadas co hardware e os sistemas.
  • Monitorizar e mellorar a seguridade dos sistemas e da infraestrutura de rede.
  • Redactar e manter a documentación para os sistemas en produción e en desenvolvemento.

Requisitos mínimos

  • Titulación universitaria ou formación equivalente e experiencia demostrable.
  • Dominio do Inglés oral e escrito.
  • Amplos coñecementos sobre tecnoloxías libres e as súas dinámicas.
  • Coñecemento experto en administración de sistemas GNU/Linux especialmente en distribución baseadas en apt.
  • Experiencia administrando servizos como LDAP, DNS, DHCP, TFTP, SMTP, IMAP, HTTP, SSH, etc.
  • Experiencia con solucións de volumes lóxicos para Linux como mdadm, LVM or dm-crypt.
  • Coñecemento práctico de IP networking, routing, QoS, firewalls (IPTables) e VPN (OpenVPN).
  • Coñecementos de scripting, preferentemente en Python e shell.
  • Capacidade de autoaprendizaxe e de traballo en equipo.

Requirimentos desexables

  • Familiaridade con cando menos dúas das seguintes linguaxes: Perl, PHP, Python ou Ruby.
  • Experiencia en SQL (preferiblemente PostgreSQL ou MySQL).
  • Experiencia con PXE e outras ferramentas de servidor e despregue de imaxes.
  • Xestión de proxectos de sistemas.
  • Comprensión de especificacións hardware, instalación de novos elementos hardware, e realización de compras.
  • Experiencia en solucións de virtualización como: Vserver, OpenVZ, LXC, KVM ou QEMU.
  • Experiencia despregando e administrando servizos VoIP (Asterisk).
  • Familiaridade coas prácticas de revisión de código no desenvolvemento de software, incluíndo SDCV (git).
  • Experiencia en despregue e administración de sistemas de integración continua como Buildbot ou Jenkins.
  • Portfolio de contribucións a proxectos de software libre ou ás súas infraestruturas de desenvolvemento.

Beneficios

  • Conseguir unha maior integración nas comunidades e cultura do software libre.
  • Participar en proxectos desafiantes e interesantes. Traballar nun contorno de traballo colaborativo e acolledor.
  • Participar nunha organización dinámica e con estrutura plana.
  • Entorno de traballo agradable e profesional.
  • Horario de traballo flexible. Haberá algunhas horas preestablecidas, xa que Igalia é unha compañía global con traballadores en diferentes franxas horarias.
  • Posto de traballo on site principalmente, aínda que existe a posibilidade de negociar parte da xornada como teletraballo.

As persoas interesadas nesta oferta deben remitir as súas cartas de presentación e CV a través do formulario habilitado aos efectos no portal web da empresa Igalia.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal