Mancomún

Igalia fleta un autobús gratuíto para asistir á conferencia de Stallman en Vigo

Mércores, 29 Abril 2009

A empresa galega Igalia, colaboradora do Máster de Software Libre Caixanova xunto coa URJC, habilitará un autobús para acudir ás charlas que Richard M. Stallman impartirá mañá xoves 30 de abril no Centro Cultural Caixanova no marco do programa oficial do Máster.

Calquera persoa interesada poderá facer uso deste transporte de xeito gratuíto, previa inscrición e confirmación das paradas solicitadas.

As prazas serán limitadas polo que se irán cubrindo por orde de anotación. O período de inscrición pecharase unha vez completadas estas ou ás 14 horas do día de hoxe, o que se produza antes.
O percorrido do autobús será o seguinte:

Ida (xoves 30):

  • Saída de Coruña ao redor das 13:00/13:30

  • Paradas en Santiago e Pontevedra (pendentes de fixar segundo a solicitude das persoas inscritas)

Volta (xoves 30):

  • Saída de Vigo ao redor das 21:00/21:30

  • Paradas en Pontevedra e Santiago (pendentes de fixar segundo a solicitude das persoas inscritas)

A inscrición deberá realizarse enviando un correo electrónico a amaneiro @ igalia.com co asunto “Autobús Stallman Vigo”. O proceso pecharase coa confirmación de aceptación ou denegación.

Fonte: Igalia

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal