Mancomún

Igalia únese á Linux Foundation

Martes, 26 Abril 2011

En pleno ano de celebración do 20 aniversario de Linux, o pasado 19 de abril a Linux Foundation, organización sen ánimo de lucro adicada a acelerar o crecemento de Linux, anunciou que Igalia viña de converterse no seu máis novo membro.

Logotipo de IgaliaJuan José Sánchez, co-fundador de Igalia afirma que "a Linux Foundation é a casa de importantes proxectos da comunidade e un dos mellores foros para colaborar con outras organizacións de código aberto. É un paso natural para nós, para formalizar a nosa relación con ese ecosistema ". "Coa nosa participación na Linux Foundation agardamos afondar na colaboración con proxectos como MeeGo e apoiar o traballo da Linux Foundation que favorece tanto a adopción como a comprensión do código aberto."

Logotipo da Linux FoundationAmanda McPherson, vicepresidente de programas de marketing e desenvolvemento da Linux Foundation afirmou que "Igalia é moi respectada polo seus traballos multiplataforma con fabricantes de equipos e operadores e pola súa ampla experiencia contribuíndo a proxectos de código aberto durante todos estes anos. Agardamos as súas contribucións á Linux Foundation".

Igalia é unha empresa galega adicada, dende o ano 2011, ao desenvolvemento de código aberto que ofrece servizos de consultoría para tecnoloxías móbiles, escritorio e web. A compañía combina investigación e desenvolvemento con experiencia en desenvolvemento e excelencia en enxeñería para ofrecer solucións integradas en ambientes de escritorio, móbil e web. Os seus desenvolvedores contribúen a unha variedade de proxectos de código aberto, incluíndo GNOME, WebKit, MeeGo, o núcleo Linux, freedesktop.org, Gstreamer e QT. Igalia ten ademais experiencia en axudar a outras empresas a contribuíren directamente cos proxectos e a sacar proveito do proceso de desenvolvemento de código aberto.
Cunha historia de 10 anos en software de código aberto, a empresa únese á Linux Foundation para reafirmar o seu compromiso con Linux e centrará a súa participación en iniciativas das áreas do desktop, móbiles ou desenvolvemento do núcleo.
A Linux Foundation é un consorcio sen ánimo de lucro adicado a promover o crecemento de Linux. Fundada en 2007, a organización patrocina o traballo do creador de Linux, Linus Torvalds, e promove e protexe o avance do sistema operativo Linux organizando os recursos dos seus membros e da comunidade de desenvolvemento de código aberto. A Linux Foundation ofrece un foro neutral para a colaboración e a educación albergando conferencias sobre Linux, incluíndo LinuxCon, e xerando investigacións sobre Linux que melloran o entendemento da plataforma Linux. As súas webs, incluíndo o Linux.com, acadar preto de dous millóns de persoas ao mes. A organización tamén ofrece numerosas oportunidades de formación sobre Linux cos maiores especialistas da comunidade do núcleo de Linux como instrutores.

20 anos do nacemento de Linux

Camiseta gañadora do concurso do ano pasadoO próximo 25 de agosto cúmprense 20 anos dende que Linus Torvalds anunciase que estaba traballando no desenvolvemento dun novo sistema operativo que co paso do tempo converteríase no que hoxe coñecemos como núcleo Linux.

Para conmemorar esta data, a Linux Foundation vén de anunciar un concurso para o deseño dunha camiseta conmemorativa que mellor represente o que é Linux hoxe en día ou o seu impacto na computación, os negocios e ou a cultura nas útlimas dúas décadas. O gañador, ademais de recibir o recoñecemento como creador da camiseta oficial do 20 aniversario, será galardoado cunha viaxe a Vancouver, B.C. Para asistir á LinuxCon e á Gala da LinuxCon que se celebrará entre os días 17 e 19 de agosto de 2011.

Fonte: AGASOL

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal