Mancomún

II EmpleaLibre, a feira de emprego e software libre dentro da CISL

Mércores, 8 Outubro 2008

“EMPLEA LIBRE” é a primeira Feira de Emprego que se desenvolve no mercado do Software Libre, un dos sectores que máis creceu nos últimos anos no que a postos de traballo altamente cualificados se refíre. Por iso, e debido tamén á necesidade e aposta do sector polo fomento do emprego, as empresas federadas en Asolif uníronse á proposta da asociación Iniciativa Focus e a Fundación Cenatic para pór en marcha Acción Málaga. E que mellor contorna que a Conferencia Internacional de Software Libre? Dous días, 20 e 21 de outubro, no que se atoparán a maioría de empresas, empregados, desenvolvedores, afeccionados… do sector do software libre, tanto nacional como internacional.

Desde Mancomún, xa hai máis dun ano e medio que levamos ofrecéndovos o servizo da Rolda de Ofertas de Emprego relacionados co Software Libre onde se van publicando as distintas ofertas de emprego das cales temos coñecemento…

Fonte:
http://softlibre.barrapunto.com/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal