Mancomún

II Xornadas de software libre e GNU/Linux para principiantes na UDC

Venres, 26 Novembro 2010

II Xornadas de Software Libre e GNU/Linux da UDC

A OSL da UDC organiza para os días 1, 2 e 3 de decembro de 2010 as segundas Xornadas de software libre e GNU/Linux para usuarios noveis. Estas xornadas pretenden dar un enfoque xeral e práctico sobre o software libre, centrándose especialmente nos sistemas GNU/Linux (instalación, configuración e administración) e en aplicativos informáticos libres e multiplataforma.

Os asistentes recibirán o primeiro día unha introdución aos sistemas GNU/Linux en xeral, adicando os seguintes días a aprender dun xeito práctico a instalar Ubuntu no seu computador así como a obter e instalar calquera dos miles de aplicativos dispoñibles para o novo sistema.
Estas xornadas, dirixidas ao público xeral sen moita experiencia no tema, son gratuítas. Ao finalizar as mesmas entregarase un certificado de asistencia.

Hai 20 prazas dispoñibles que se cubrirán por estrito orden de inscrición. Todos aqueles que desexen asistir só deben cubrir o formulario habilitado aos efectos na web da OSL.

As xornadas terán lugar na Aula.Master na planta 0 da Facultade de Informática do Campus de Elviña os días 1, 2 e 3 de decembro de 16:30 a 20:30 horas.

Os contidos das distintas sesións, de 4 horas de duración cada unha, son os seguintes:

Día 1 (16:30 – 20:30 h)

  • Conceptos básicos
  • Un pouco de historia
  • Que é GNU/Linux?
  • Vantaxes
  • Distribucións e Escritorios

Día 2 (vén co teu portátil e libérao) (16:30 – 20:30 h)

  • Instalando dende Windows
  • Particionando o disco
  • Instalación de GNU/Linux Ubuntu 10.10
  • Configurando o noso novo equipo

Día 3 (16:30 – 20:30 h)

  • Que son os repositorios?
  • Conseguindo novas aplicacións de forma sinxela e áxil
  • Introdución aos novos programas
  • Alternativas libres a aplicacións privativas

Para máis información: http://softwarelibre.udc.es/Xornadas.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal