Mancomún

III Encontro da Asociación de Empresas de Software Libre – ASOLIF

Mércores, 28 Abril 2010

O pasado 23 e 24 de abril tivo lugar na ETSIT da UPM, na Cidade Universitaria de Madrid, o III Encontro ASOLIF de Empresas de Software Libre patrocinado por Red.es dentro do Plan Avanza.

No encontro participaron un total de 45 empresas de ASOLIF e ao redor de 20 persoas de entidades convidadas ao evento:

  • Institutos Tecnolóxicos: ITA e Ikertia
  • Universidades: Rei Juan Carlos e ULL
  • Comunidades de software libre: OSGEO-es, GNOME Hispano, KDE España, Open Street Map, OpenSolaris, etc.
  • Outras entidades: CENATIC, Kolab Systems, Hispalinux, Nokia, FSFE, empresas colaboradoras, etc.

O encontro foi inaugurado por D. Guillermo Cisneros, Director da Escola, D. Santiago Madruga, Director Xeral de Red Hat Ibérica e D. Pablo Gómez, Presidente da Federación ASOLIF.

O encontro serviu tamén como presentación da nova Xunta Directiva de ASOLIF, elixida os días previos ao evento, así como da nova asociación CyLESoL (Castela e León Empresas de Software Libre), co seu Presidente, Jezabel González, á cabeza.
Logo da inauguración oficial, presentáronse seis proxectos. Cinco destes proxectos corresponden a empresas de ASOLIF, que durante a xornada do sábado os foron desenvolvendo en mesas de traballo co fin de elaborar consorcios xunto a outras Pemes do sector, depuralos e que pasen a formar parte do porfolio de ASOLIF. O último dos proxectos presentados é o proxecto Isabel da ETSIT da UPM, xa dispoñible a través da comunidade Morfeo.

En paralelo, a Xunta Directiva de ASOLIF mantivo diversas reunións institucionais con boa parte das entidades convidadas. Moitas delas xa colaboran activamente coa Federación ou algunha das súas asociacións rexionais, pero para outras que acudían ao evento por primeira vez, este era o seu primeiro contacto co sector.

Na reunión de ASOLIF discutíronse diversos aspectos estratéxicos relacionados coa incorporación de novas asociacións, medidas económicas en relación con outras entidades e procedementos internos. Tratábase en definitiva de realizar unha substitución ordenada entre a anterior Xunta e a que representará á Federación os próximos dous anos.

ASOLIF quere agradecer o esforzo despregado pola ETSIT da UPM, co seu Director á cabeza, e co Profesor Joaquín Seoane como brazo executor. Tamén queren agradecer ás Asociacións rexionais a súa colaboración coa Federación na organización do evento, asi como ás empresas e entidades convidadas pola súa participación.

Fonte: ASOLIF

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal