Imagination é un sinxelo e pequeno programa que ten como obxectivo crear presentacións de imaxes para DVD. Segundo o seu desenvolvedor: "Notei a falta de aplicativos para creación de presentacións que foran sinxelos de usar, por iso comecei a desenvolver Imagination". A maioría dos aplicativos existentes até o de agora podían xerar estas presentacións, pero sempre requirían dun montón de dependencias que facían que a instalación fose complicada.
Imagination foi deseñado para ser rápido e sinxelo de usar, e só ten dúas dependencias: ffmpeg para codificar o vídeo e libsox para xestionar o audio.
Actualmente pode usar ata 65 efectos de transición distintos, exportar a presentación a formatos como OGV Theora/Vorbis e tamén o formato de pantalla panorámico de vídeo FLV, efectos de lume, distintos puntos de zoom, inclusión de texto na presentación, menú de cortar/copiar/pegar diapositivias e outras melloras…
Máis información na páxina do proxecto:
http://imagination.sourceforge.net/
