Mancomún

Inaugúrase PostgreSQL-es.org

Martes, 28 Abril 2009

PostgreSQL-es.orgRecentemente, foi inaugurado PostgreSQL-es.org, un portal internacional sobre PostgreSQL en castelán. Este portal pretende ser un punto de encontro e intercambio de coñecementos e experiencias sobre PostgreSQL, para os usuarios castelanfalantes deste motor de bases de datos relacional, con licenza de software libre(BSD).

Neste novo portal poderanse atopar artigos, foros, documentación, libros, novas, etc sobre PostgreSQL.

PostgreSQL é un sistema de xestión de bases de datos obxecto-relacional, distribuído baixo licenza BSD e co seu código fonte dispoñíbel libremente. É un dos sistemas de xestión de bases de datos máis potentes do mercado e nas súas últimas versións no ten nada que envexarlle a outras bases de datos comerciais.



PostgreSQL emprega un modelo cliente/servidor e emprega multiprocesos en lugar de multifíos para garantir a estabilidade do sistema. Un erro nun dos procesos non afectará ao resto e o sistema continuará funcionado.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal