Mancomún

Iniciándose en Git, en Bricolabs

Martes, 21 Maio 2019

O venres 24 de maio en horario de 18.30 a 20.00 horas, terá lugar no espazo maker da asociación Bricolabs no museo Domus – Casa do Home de A Coruña, o obradoiro “Iniciándose en Git“, incluído nas Sesións “entre Tuxes” que a asociación está a organizar ao longo destes meses dentro das actividades incluídas na Feira de Tecnoloxía Aberta OSHWDem 2019.

Cartel Entre Tuxes sesion02

Os interesados poden enviar un correo a info@oshwdem.org para anotarse, co asunto: “Inscripción taller Git”. Dispoñen de 15 prazas.

Este obradoiro terá continuación nunha segunda xornada con contidos máis avanzados, o venres 31 de maio no mesmo horario e lugar.

 

Sobre Git

Logo Git

Git é un sistema de control de versións que traza os cambios en ficheiros e permite a coordinación de traballo en grupos de moitas persoas.

Emprégase máis para o desenvolvemento de software, pero úsase tamén para xestionar traballos sobre calquera tipo de ficheiros. É un sistema de control de versións distribuído orientado á ser rápido, manter a integridade dos datos e soportar modelos de traballo distribuídos e non lineais.

Localización do evento


Ollar un mapa máis grande

Máis información no twitter de Bricolabs.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal