Mancomún

INRIA presentou o seu proxecto para a salvagarda de toda a herdanza do Código Aberto

Mércores, 13 Xullo 2016

Software HeritageSoftware Heritage foi presentado na Debconf16 celebrada a pasada semana en Cidade do Cabo. Trátase, en palabras dos seus responsables, de "recompilar e preservar o software en formato de código aberto, xa que os programas incorporan o noso coñecemento técnico e científico e a humanidade non pode correr o risco de perdelo. O software é unha parte preciosa do noso patrimonio cultural, polo que a nosa intención é facer de garante da accesibilidade de todo o software recollido polo proxecto, porque só a través da posta en común pódese garantir a súa conservación a moi longo prazo".
Trátase dunha iniciativa ambiciosa en palabras do fundador e CEO do proxecto, Roberto Di Cosmo, profesor de Ciencia da Computación da Universidade de Diderot París. O proxecto estivo en preparación ao longo dun ano e foi finalmente presentado oficialmente o 30 de xuño. Software Heritage arrinca cunha cantidade significativa de código fonte rexistrada e, posiblemente, poida ser o maior arquivo de código fonte do mundo. O arquivo inclúe actualmente:

  • Repositorios non-fork públicos de GitHub
  • Paquetes de código fonte de a distribución Debian (desde agosto de 2015)
  • Tarball oficiais do proxecto GNU (desde agosto de 2015)

A presentación do proxecto está completamente dispoñible para streaming.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal