Mancomún

Instalacións masivas automatizadas con SystemImager

Luns, 7 Setembro 2009
SystemImagerRoberto Brenlla, referíndose a súa vez á información achegada por Óscar Casal nunha rolda de correo, dá conta das características de SystemImager. Segundo explica, trátase dun programa que automatiza instalacións masivas de GNU/Linux, distribución de software e implantacións de produción. A wiki do aplicativo argumenta que SystemImager fai máis doado a automatización de instalacións (clons), distribución de software, distribución de contidos ou datos, cambios de configuración e actualizacións do sistema operativo na túa rede de máquinas GNU/Linux. E incluso posibilita a actualización cara a unha nova versión de GNU/Linux.

Tamén pode ser usado para garantir implantacións de produción segura. Ao gardar a imaxe actual dunha produción antes de actualizar cara a nova imaxe de produción, tamén tes con ilo un mecanismo de continxencia altamente fiábel. Se o contorno da nova produción é errada, simplemente fas un roll-back cara a anterior imaxe cun sinxelo comando.
Algúns casos típicos de uso: granxas de servidores de Internet, granxas de servidores de base de datos, clusters de alto rendemento, laboratorios de informática e ambientes de escritorio corporativo.

Existe un artigo explicando como instalalo e mailos casos máis comúns.

Fonte: Tegnix

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal