Mancomún

Install party de Ubuntu 10.10 no Forum Metropolitano de A Coruña

Venres, 15 Outubro 2010

OSL da UDC A Oficina de Software Libre da UDC organiza unha Install Party de Ubuntu aberta ao público en xeral no Forum Metropolitano de A Coruña.

Se os alumnos universitarios teñen xa ocasión de achegarse ao sistema operativo GNU/Linux nas xornadas de introdución organizadas por GPUL para os días 20 e 21 de outubro, a Oficina de Software Libre da UDC sae desta volta do ámbito estritamente universitario, co obxectivo de achegarlle á cidadanía a nova versión do sistema operativo Ubuntu 10.10.
Carte da Install PArty Así, o vindeiro mércores 27 de outubro de 17:00 a 20:00 horas terá lugar o Obradoiro de instalación e configuración de Ubuntu 10.10 no Forum Metropolitano de A Coruña.

Durante este obradoiro o persoal da OSL axudará e guiará a todos os asistentes a instalar e configurar nos seus portátiles o recen saído Ubuntu 10.10 co fin de amosar o sinxelo que é realizar a instalación e a rapidez coa que é posible comezar a desfrutar de todas as súas capacidades e aplicativos, como o navegador web; o xestor de correo electrónico; comunicación nas redes sociais máis estendidas como Facebook, twiter, …; suite ofimática; xestión e retoque fotográfico; reprodutor de audio e vídeo, xogos, … e un innumerable conxunto de aplicativos libres, gratuítos e legais dispoñibles para o seu uso a un simple golpe de rato.

Todo aquel que queira coñecer de primeira man o funcionamento de Ubuntu 10.10 sen medo ao descoñecido e da man de expertos na materia non dubide en inscribirse neste obradoiro gratuíto cubrindo o formulario habilitado ao efecto. Só hai 25 prazas dispoñibles que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición.

Dende a OSL recomendan que para unha maior seguridade os asistentes realicen previamente unha copia de seguranza dos documentos persoais dispoñibles no computador (documentos, fotos, imaxes, videos…) antes de abordar a instalación dun novo sistema operativo. Aínda que na práctica totalidade dos casos estes datos non son alterados, máis vale previr.

Esta actividade enmárcase dentro do plan de actividades da OSL da UDC ao abeiro do convenio de colaboración firmado pola SXMIT coas 3 universidades e incluída no plan de acción FLOSS 2010 da Xunta de Galicia.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal