Infor7, asociación para a creación e difusión do software libre, en proceso de constitución, comeza a súa andaina organizando unha Install Party de carácter gratuíto que terá lugar o vindeiro día 4 de xaneiro de 2011.
O sistema operativo empregado será Ubuntu e segundo nos contan os responsables da asociación, para asistir a aprender a instalar este excelente sistema operativo nos seus equipos, tan só é preciso levar o equipo, ben sexa portatil ou de sobremesa, así como un cd de Ubuntu, se dispoñen del, ou unha chave usb para crear un live usb do sistema operativo.
O horario será de 10:00 a 13:30 o día 4 de xaneiro de 2011. A Install Party celebraráse no Centro Sociocultural das Fontiñas (Rúa Berlín, 13) en Santiago de Compostela co seguinte programa:
- 10:00 – 10:15 : Presentación
- 10:15 – 10:45 : Introdución a Ubuntu
- 10:45 – 11:30 : Instalación de Ubuntu
- 11:30 – 12:00 : Pausa para descanso
- 12:00 – 12:45 : Instalación de aplicacións en Ubuntu
- 12:45 – 13:30 : Xestión de Ubuntu. Remate da xornada.
Aquelas persoas interesadas en asistir rógaselles comuniquen a súa asistencia cun mail a grupoinformaticogalicia@gmail.com
