Este mércores 9 de abril, a partir das 16:30 horas, Alberto Basalo, fundador da consultoría de software Agora Binaria, ofrecerá un obradoiro de 3 horas onde explicará os fundamentos do framework AngularJS.
AngularJS é un framework Javascript open-source, creado por Google, que axuda a facer aplicacións web de páxina única. O seu obxetivo é aumentar o numero de aplicativos web con capacidades modelo-vista-controlador (MVC), nun esforzo de facer o desenvolvemento e as probas máis sinxelas.
O obradorio é organizado por GPUL, dentro do seu ciclo, os xoves libres, e como sempre é de carácter gratuíto e está aberto ao público en xeral. Celebrarase na Facultade de Informática da Coruña, na aula 3.3 de 16:30 a 19:30 horas.
