O profesor G. Jay Kerms publicou baixo os termos dunha licenza GFDL, o seu libro titulado Introdución á probabilidade e á estatística empregando R.
Trátase dun libro de introdución á estatística no que todos os exemplos presentes no mesmo inclúen a descrición de como se fan en R, o que lle outorga unha extraordinaria orientación práctica. R é un contorno de programación para a análise estatística e gráfica, publicado con licenza GPL. É unha da principais alternativas ao paquete estatístico privativo SPSS. Existen multitude de manuais de introdución a R mais o interese do libro o profesor Kerms é que vai máis alá, xa que pode considerarse un manual de R aplicado á introdución estatística.
Como complemento a este libro, o profesor gravou tamén todas as súas clases de introdución á probabilidade e estatística con R en diversos formatos libres de vídeo (WebM, ogv, 3gp) e publica todo o material das mesmas baixo licenza GFDL: apuntes, vídeos e anotacións.
Todo este conxunto de materiais formativos poden por tanto empregarse non só como material de consulta senón tamén como base para a elaboración de cursos de estatística empregando un paquete estatístico libre e gratuíto como R.
Descarga do material
- O libro está dispoñible para a súa descarga en formato pdf listo para impresión, e tamén están accesibles os fontes en LaTeX.
- O material complementario está dispoñible para a súa descarga na web da universidade do profesor Kerms.
Fonte: DiarioLinux
