O vindeiro sábado 14 de maio de 11.00 a 13.30 horas celebrarase unha xornada sobre blogues, focalizando o uso dos mesmos no ámbito empresarial, organizada polo centro de innovación social (CIS) In Lugo.
Durante a xornada realizarase un percorrido no que se poderán visualizar e entender os aspectos técnicos máis importantes a ter en conta no uso e xestión dun blogue de carácter empresarial. Da mesma forma e apoiándose nas distintas ferramentas e opcións que nos proporcionan estas plataformas, onde o software libre ten unha presenza maioritaria, traballarase sobres distintas posibilidades para crear a fidelización do cliente cara a empresa e manter unha interacción continua entre ambos.
A xornada é de acceso libre e gratuíto tendo un aforo máximo de 50 persoas. Terá lugar nas propias instalacións do centro na Rúa Frei Plácido Rei Lemos 2ª planta s/n, Lugo.
O poñente será D. Pedro Silva creador de Blogaliza.org, membro activo de agnix.org e fundador da empresa Algueirada. Algúns dos puntos dos que falará polo miúdo son:
- Os blogues, unha ferramenta de publicación, comunicación unidireccional
- Os blogues, unha ferramenta de relación, comunicación bidireccional
- Comunicación distribuída e participación na conversa
- Da conversa á implicación: de con-tertulios a clientes satisfeitos
- O emprendemento, a implicación persoal e a conversa
- Engadidos, plugins e personalización: o mashup ao servizo da difusión
- Xestionando a participación: comentarios, estilo de
- Nacendo: as fronteiras do ecosistema no que vamos medrar. Lingua, identidade colectiva e contorna xeo-imaxinaria
- Sobrevivindo: resiliencia na construción dunha identidade dixital
- Cousas prácticas: estatísticas
- Cousas prácticas: a loita contra o spam
- Cousas prácticas: o theme non é tan importante coma o tono
- Cousas prácticas: unha planificación estratéxica
- Cousas prácticas: amigando no twitter, no facebook, no tuenti…
- Cousas prácticas: control do tempo, na conversa e no resto. Facendo pomodoros.
- Ferramentas do cidadán dixital: o lector de RSS
- Ferramentas do cidadán dixital: fíos auto-replicados
- Ferramentas/superpoderes: se teño software libre (legal/funcional/seguro) preciso outro?
- Ferramentas/superpoderes: cifrado para todos
- Ferramentas/superpoderes: xestión do traballo en equipo. FengOffice/Valkyrie.
- Ferramentas/superpoderes: ubicuidade móbil. Publicando no momento preciso.
- Ferramentas/superpoderes: o catálogo de capacidades comunicativas.
- O que non aprendemos na escola: debater, conversar, traballar en equipo…
…
…
