iTALC é un software de monitorización de aulas que facilita a labor docente dun profesor mediante distintas ferramentas que lle permiten un control case total de todos os equipos informáticos da aula, podendo realizar todo tipo de tarefas:
- Realizar demostracións desde o equipo do profesor.
- Bloquear os equipos.
- Control remoto.
- Envío de mensaxes.
- Obter capturas de pantallas.
- Execución remota de aplicacións.
- E un largo etc…
Ademais iTALCs é o software escollido pola distribución educativa da Generalitat (LinKat) para o control das súas aulas, e tamén nos centros TIC de Andalucía, onde tamén teñen dispoñible un manual de usuario en castelán.
iTALC encóntrase dispoñible para Windows e Linux, tanto a aplicación do profesor como a dos alumnos, e o profesor pode controlar tanto computadores con Linux como con Windows ou ambos os dous misturados…
Como nota importante, dicir que se instalamos unha aplicación deste tipo nunha aula, o profesor queda obrigado, mediante a LOPD 15/1999, a informar ao alumno da utilización deste software previamente a toda utilización, monitorización e/ou vixilancia que se realice co mesmo.
Máis información na páxina do proxecto:
http://italc.sourceforge.net/
