As asociacións GALPon, Comunidade O Zulo, Inestable e a Asociación Ociorum de A Coruña organizan a IV noite Drupal & GNU/Linux, que desta volta celebrarase o vindeiro día 24 de marzo no local da Asociación Cultural Ociorum en A Coruña.
As #noitedl xorden en abril de 2011 en Mugardos froito dunha iniciativa conxunta das citadas asociacións. En xullo de 2011 trasladaron a sede cara ao sur, na cidade de Vigo e o pasado decembro de 2011 escolleron Ordes para celebrar a terceira edición. Nesta cuarta edición decidiron ampliar e flexibilizar os horarios así como “abrir” o evento a todos os niveis e persoas interesadas no desenvolvemento web e no software libre.
Esta actividade é de carácter gratuíto, e só precisa de inscrición por motivos organizativos.
As 4 asociación organizadoras desta actividade están colaborando para crear un grupo de usuarios/as galegos/as de Drupal cos seguinte obxectivos:
- Crear un espazo dinámico de referencia de innovación, dinamización e intercambio de coñecemento arredor da Comunidade de usuario Drupal e GNU/Linux
- Fomentar o uso de tecnoloxías libres a abertas no desenvolvemento web.
- Crear un colectivo ou "comunidade" itinerante de intercambio de coñecementos libres, ensinando e sobre todo aprendendo.
O programa desta IV noite Drupal é o seguinte:
- 11:00 – 14:00 : Achégate a coñecer o mundo Drupal e GNU/Linux. Parte da comunidade galega de Drupal estará presente para guiarte nos teus primeiros pasos!
- 16:00 – 20:00
- Charla “Ecosistema Drupal” -> @quicoprol
- Charla “Localización en Drupal” -> Bouzada
- Charla “Openlayers” -> @jcartelle
- Charla “Mellorando o rendemento en Drupal 7” -> @apermuy
- Noite 22:30 – Fin : Será o momento de falar , programar , compartir , desexar , construír , hackear , aprender , optimizar , ensinar , etc , … todo con Drupal como protagonista.
Como chegar
- Localización: C/Panaderas 20-22 1ºC , A Coruña [Mapa : http://g.co/maps/kgbu ]
- En tren: http://g.co/maps/rhptb
- En autobús de estación A Coruña: http://g.co/maps/qac7b
Dende a organización animan a estar atentos ás roldas de correo do grupo de usuarios/as Drupal se se quere atopar a algunha outra persoa da túa vila ou cidade que se desprace á #noitedl ….
Quero aprender! Quero compartir! Quero ensinar!
A organización está convencida de que o coñecemento libre e compartido é unha peza fundamental para a o desenvolvemento dunha sociedade libre e xusta. Asiste ó evento! Queremos ensinar! Queremos compartir! Queremos aprender!
