Mancomún

IV Xornadas de OpenERP en Lugo

Xoves, 28 Abril 2011

IV Xornadas OpenERP en Lugo

Os próximos días 26 e 27 de maio terán lugar na Cámara de Comercio de Lugo as IV Xornadas de OpenERP 2011 organizadas desta volta pola empresa galega Pexego, da que recentemente vos informamos que viña de acadar o nivel 2 da certificación CMMI.

 OpenERP é un completo sistema de xestión de empresas/organizacións (ERP) de licenza libre que cobre as necesidades das áreas de contabilidade, vendas, compras, almacén, inventario, proxectos, CRM, recursos humanos, TPV, tendas virtuais…

Logo da emrpesa PexegoComo pode comprobarse nos datos recollidos no Catálogo de produtos e servizos TIC das empresas FLOSS galegas, Pexego é a única empresa de AGASOL que ofrece servizos sobre este ERP e dende Febreiro deste ano é Partner oficial de OpenERP. Pexego conta cun destacado grupo de programadores adicados actualmente á implantación e parametrización de ERPs en empresas e institucións baseándose fundamentalmente en OpenERP como sistema máis apropiado para estes fins, e contribúe activamente ao seu desenvolvemento coa publicación de novos módulos para dito aplicativo.
As Xornadas de OpenERP teñen como obxectivo ofrecer a oportunidade aos diversos axentes de xuntarse para intercambiar experiencias e debater acerca dos usos e desenvolvementos que sexan requiridos para achegar máis a funcionalidade e experiencia ás necesidades de ámbito estatal e os seus obxectivos son diversos:

  • Descubrir o seu ecosistema mediante charlas ou conferencias.
  • Mostrar algunhas das súas características mediante titoriais
  • Dar a coñecer algúns casos de éxito e modelos de negocio mediante unha mesa redonda.
  • Debater e activar o desenvolvemento de módulos de localización/verticalización.
  • Facilitar o networking entre os asistentes.

En definitiva, compartir, difundir e mellorar a contorna de desenvolvemento rápido de aplicacións e xestión integral (OpenObject/OpenERP) baseado nunha tecnoloxía moderna e libre que nos permita avanzar de forma colaborativa no uso do TIC na nosa sociedade.Esta é a cuarta edición do foro de encontro para a localización española de OpenERP despois das realizadas en maio de 2010 en Bilbao, en abril do 2009 en Vilanova e en maio de 2008 en Zaragoza.

O programa completo das IV xornadas, suxeito a posibles cambios, é:

Xoves 26

  • 9:30 – 10:00 : Rexistro
  • 10:00 – 10:30 – Benvida e presentación das xornadas. Santi Argüeso (Pexego)
  • 10:30 – 11:00 – Implantación de exemplo de produción e xestión de almacéns. Albert Cervera (NaN-Tic)
  • 11:00 – 11:30 – CRM. Integración con axendas externas . Calendarios en clientes de correo e smartphones. Susana Izquierdo (Abartia)
  • 11:30 – 12:00 – Configuración multi-compañía con OpenERP 6. Alberto Luengo (Pexego)
  • 12:00 – 12:30 – PAUSA CAFÉ
  • 12:30 – 14:00 – Canles de venda on-line con OpenERP (Spree, Zoook, Treyshop). Carlos Liébana (Ting!), Raimon Esteve (Zikakmedia), Roberto Lizana (Trey)
  • 14:00 – 16:00 – COMIDA
  • 16:00 – 16:30 – Presentación das novidades expostas nos Community and Partner days. Ana Juaristi (Avanzosc)
  • 16:30 – 17:00 – OpenERP como SaaS. Zzsaas. Jordi Esteve (Zikakmedia)
  • 17:00 – 17:30 – Módulos de transporte. Albert Cervera (NaN-Tic)
  • 17:30 – 18:00 – Orzamentos e contabilidade analítica. Susana Izquierdo (Abartia)
  • 18:00 -19:00 – Debate: OpenERP como alternativa a outros ERPs. Alberto Barrionuevo (Opentia), Anxo Moya (Domatix)

Venres 27

  • 10:00 – 10:30 – Novos módulos de fabricación. Ana Juaristi (Avanzosc), Carlos Liébana (Ting!)
  • 10:30 – 11:00 – Intervención de OpenERP sa Bélxica.
  • 11:00 – 11:30 – Training e School : Dúas solucións para centros educativos condenadas a integrarse. Jordi Esteve (Zikakmedia), Pau Gangonells (Tecnoba) i Pere Erro (Tecnoba)
  • 11:30 – 12:00 – Experiencias de implantación. Contadas por empresas que implantaron ou están a implantar OpenERP

  • 12:00 – 12:30 – PAUSA CAFÉ
  • 12:30 – 13:15 – OOOP na práctica. Pedro Graza
  • 13:15 – 14:00 – Kettle/OOOR. Carlos Liébana (Ting!)
  • 14:00 – 16:00 – COMIDA
  • 16:00 – 17:00 – Espazo para charlas lóstrego. Charlas rápidas de menos de 10 minutos que os relatores propoñen o mesmo día das xornadas. Este tempo breve orienta aos relatores a enfocarse no esencial e proporciona á audiencia temas variados durante unha hora.
  • 17:00 – 19:00 – Estado actual da localización española. Workshop adaptación á versión 6.0. Novos desenvolvementos. Traballos da comunidade española. Retos pendentes. Modera: Borja López

O sábado 28 realizarase un “sprint” para o impulso de todos os temas relacionados coa localización e comunidade españolas nas oficinas de Pexego. Agradecemos por anticipado a asistencia a esta xornada a todos aqueles dispostos a achegar coas súas ideas e traballo. O aforo para a participación neste sprint é limitado polo que debedes solicitar a vosa praza enviando un correo a jornadasopenerp@pexego.es

A asistencia ás xornadas é gratuíta previa inscrición empregando o formulario habilitado ao efecto para permitir determinar o aforo de salas, así como para notificar aos asistentes ante calquera cambio de programa ou incidencia mediante o correo electrónico.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal