
Un ano máis, OUSLI volve organizar, e xa por cuarta vez, a Xornada de Software Libre no FP de Caixanova en Ourense. Terá lugar o vindeiro venres 14 de maio de 8:30 a 15:00 horas no centro de FP Caixanova de Ourense situado en Finca Sevilla Nº2, ao lado de Expourense.
A xornada está aberta ao público. Ten como finalidade a formación no eido das novas tecnoloxías no software libre e a difusión do mesmo.
O programa das xornadas é o seguinte:
- 8:30-9:30 – Técnicas antispam con SpamAssasin. Poñente: Jose Ramón Méndez Reboredo, fundador de OUSLI.
- 9:30-10:10 – Mirror de OUSLI: mirror.ousli.org Poñente: David Martínez Carballo, CEO de Openhost e fundador de OUSLI.
- 10:10-11:00 – Achegamento ao Software Libre Poñente: Roberto Brenlla, CKO de TEGNIX e Presidente de AGASOL.
- 11:30-12:20 – Licenzas e Modelos de negocio. Poñente: Roberto Brenlla, CKO de TEGNIX e Presidente de AGASOL .
- 12:40-13:50 – Taller: "Creación de Live CDs automatizadas". Poñente: Fran Diéguez, membro de GLUG e da OSL-USC.
- 13:50-15:00 – Taller: "Introdución a AJAX con PHP". Poñente: Cesar Osorio, da USC
Esta xornada é organizada por OUSLI coa colaboración do Centro de FP Caixanova de Ourense, de Openhost , TEGNIX, a OSL-USC e AGASOL.
Conta co patrocinio da Xunta de Galicia dentro do plan de acción en materia FLOSS para o ano 2010.
Fonte: OUSLI
